|
FERNANDO ARAUJO. Arquitecto
Fernando Araujo Rodríguez (Vigo 1925 - 2010) arquitecto pertencente á "xeración do 57", chega á cidade e comeza a súa traxectoria profesional colaborando en diversos proxectos con algúns dos seus compañeiros de xeración. Pronto organiza o seu estudo propio, obtendo gran cantidade de encargos que o levan a ser xunto con Castro e Alonso así como Desiderio Pernas , un dos arquitectos que máis obras constrúen na cidade nos anos 60 e 70. Así os primeiros proxectos de Fernando Araujo, do mesmo xeito que moitos dos seus compañeros de xeración, mesturan a utilización da pedra, cun novo material cerámico na cidade, o gresite. Así mesmo, o remate da última planta con pérgola de fórmigón para dar solución ao forxado de cuberta, convértese nunha constante da súa arquitectura. Home sinxelo pero de trato afable, é entrevistado en diversas ocasións na prensa local con motivo dos números especiais dos anos 60 sobre a construcción na cidade. Os seus compañeiros o recordan como un home de gran simpatía que xa nos anos de estudante se perfilaba como o de máis futuro "comercial" de toda a xeración. O final da súa vida discurrirá entre Brasil e España, mantendo o seu estudo na r/ Urzaiz ata a súa xubilación a finais dos anos 90. Fernando Araujo morre en Madrid no ano 2010 aos 84 anos de idade deixando un legado arquitectónico de edificios de vivendas importante e dunha factura e estilo sinxelo pero moi persoal.
|
Vivendas "Progreso". 1961 |
Igrexa San Xosé Obreiro. 1961 |
Vivendas "María Berdiales". 1963 |
Edificio "Alén". 1966 |
Vivendas "Urzaiz/ Via Norte". 1969 |
"INICIO" | ( Pasa o rato sobre as imaxes e picando nelas, atoparás estudos xeométricos sobre algunhas das obras ) | Volta a "ARQUITECTOS" |