ARQUITECTOS Os Arquitectos que se amosan a continuación, son algúns dos que fixeron posible a cidade de Vigo tal e como a coñecemos hoxe. A súa labor narra a transformación da cidade dende o punto de vista da recuperación da linguaxe do movemento moderno trala ruptura e involución que supón a dictadura fronte ao racionalismo dos primeiros anos 30. Os arquitectos sobre os que traballaremos pertencen a diferentes xeracións e son unha representación significativa da construcción da cidade dende 1932 (o período previo á sublevación militar que motivou a guerra civil española) e 1978 (a recuperación do sistema democrático no país coa nova Constitución). Nestes 45 anos, Vigo transfórmarse a través da súa arquitectura, e estes homes son parte da cidade e da súa historia polo que é tan xusto recoñecelo como non o esquecer. |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pasa o rato sobre as imaxes e picando nelas atoparás estudos xeométricos sobre algunhas das obras dos arquitectos
INICIO | AUTOAVALIACION |
Obra publicada con Licenza Creative Commons Reconocimiento No comercial 4.0