POLIGONOS
1. Partindo da planta da "Igrexa da Nosa Sra. Neves" de PEPE BAR, intenta diferenciar os seguintes tipos de triángulos en base aos seus lados.
![]() |
![]() |
![]() |
Escaleno. Os tres lados distintos ( a, b, c) / Os tres ángulos interiores distintos ( exemplo: O Cartabón: 90º / 30º / 60 º)
Equilátero. Todos os lados iguais ( a, a, a) / Os tres ángulos interiores son iguais ( 60º ) / 180º = 60º + 60º + 60º)
Isósceles. Dous lados iguais e o outro distinto ( a, a, b) / Dous ángulos interiores iguais e un distinto ( exemplo: A Escuadra : 90º / 45º / 45º)
2. Na "Igrexa dos Picos" de ROMAN, RUIZ-CASTILLO e URGOITI, e partindo dos triángulos sinalados, clasificaos en base aos seus ángulos.
![]() |
Acutángulo. Os seus tres ángulos son menores de 90º
Rectángulo. Un dos seus tres ángulos é recto ( 90º)
Obtusángulo. Un dos seus ángulos é maior de 90º.
3. Diferenciar o cuadrado e o rectángulo é doado, pero... poderías diferencialos do resto dos cuadriláteros, rectángulo, rombo, romboide ou trapecio ?. Proba
![]() |
Rectángulos e Cuadrados. Na fachada do "Edificio dos PP. Xesuítas" / Paco Yañez e Tomás P. Lorente
Rombos. Vidreira na escaleira do "Edificio CURBERA" / Francisco Castro
Trapecio Rectángulo. Portal das "Vivendas r/ Policarpo Sanz" / Alberto Baltar
Romboide. Dintel na "Igrexa nosa Sra. das Neves" / Pepe Bar
4. Os Polígonos poden ser regulares ou irregulares, inscritos en circunferencias, etc. Agora entón, con que polígonos relacionarías as imaxes ?
![]() |
Polígono estrelado. O rosetón no teito do hall do portal do "Edificio Sanchón" de Francisco Castro, non é exactamente un polígono estrelado pero baséase na mesma estructura xeométrica. Decágono. O "ollo de buey" do Edificio "El Carmen" de Fernando Gallego non é tampouco un decágono inscrito, pero traballa xeométricamente sobre a circunferencia dividia en dez partes iguais. Hexágono Regular. A estructura das circunferencias tanxentes na moldura de "Gladys" de Arturo Fraga Framil baséase nunha estructura non visible de hexágonos regulares. Hexágono Irregular. Sobre os módulos do porta das "Vivendas r/ Progreso" de Fernando Araujo poderíase leer un hexágono irregular. Moita imaxinaxión ?... que va, non tanta, seguro que ti tes más.
|
Volta a AUTOAVALIACION |