|
AGUSTIN PEREZ BELLAS. Arquitecto
Agustín Pérez Bellas (Vigo 1927- 1982) arquitecto titulado en Madrid, termina os seus estudos de forma vertixinosa no ano 1954, adelántandose incluso aos compañeiros de anteriores promocións. Artista polifacético que combina a arquitectura coa pintura e poesía, comeza a súa traxectoria profesional en Vigo no estudo de Fernando Gallego. Nos primeiros anos colaboran en diversos proxectos (Moya, VigoBazar, Balneario de Samil...etc.) participando no deseño urbanístico do polígono de Coia a finais dos anos 50. A principios dos anos 60 e xa co seu estudo propio realizará unha serie de obras importantes entre as que destacan locais comerciais como "Chavalín" ou "Curtidos Blanco", o Sanatorio Troncoso, 3 vivendas unifamiliares en Panxón, o acceso á fábrica de PONTESA en Pontesampaio ... etc. Todos os seus compañeiros de profesión o recoñecen como o home máis brillante da súa xeración aínda que o seu desencanto coa arquitectura o leva a desenganarse paulatinamente da profesión e centrar a súa labor creativa na pintura e poesía. Home culto e políglota, apaixoado por todas as manifestacións artísticas e creativas, vincúlase á loita antifranquista a través do Partido Comunista formando parte do ambente cultural da cidade. Casado coa pintora Mercedes Ruibal e amigo de intelectuais e artistas entre outros como Laxeiro, Lugrís, Alonso Montero, Jose Ruibal ... , todos recoñecen o seu carácter cercano e o seu gran nivel intelectual que o fan un home entrañable e un amigo imprescindible. A cidade sentirá moito a súa perda cando morre inesperadamente dun accidente cardiovascular no ano 1982. Aos 55 anos, Agustín Pérez Bellas deixa un interesante legado arquitectónico, unha obra pictórica abraiante e un gran vacío na cidade. |
Dende a morte de Agustín Pérez Bellas e ata hoxe en día, foron varios os recoñecementos póstumos realizados. Organizáronse diversas exposicións antolóxicas da súa obra pictórica, algunha da súa obra arquitectónica e publicouse algun dos seus escritos destacando o libro "Mi Silueta felina" cos seus textos e poemas. Aínda así, son feitos aillados e insuficientes na percura da recuperación da verdadeira figura de Agustín, cuxo recoñecemento a día de hoxe non é proporcional ao inmenso valor da súa figura e legado. É polo tanto absolutamente necesario recuperar ao "Cidadán Bellas". |
Sanatorio "Troncoso". 1960 |
Acceso a "PONTESA" . 1960 |
Vivendas "Valverde". 1961 |
"Curtidos Blanco". 1962 |
Vivendas "Dr. Cadaval". 1962 |
"INICIO" | ( Pasa o rato sobre as imaxes e picando nelas, atoparás estudos xeométricos sobre algunhas das obras ) | Volta a "ARQUITECTOS" |