Saltar la navegación

TOMAS PEREZ- LORENTE e PACO YAÑEZ. Arquitectos

Tomás Pérez-Lorente Quirós (Vigo 1926- 2006) realiza os seus estudos de Arquitectura en Madrid, terminando a carreira como o máis novo da "xeración do 57". Despois de moitos anos con escaso número de arquitectos na cidade, no ano 1957 se titulan 5 arquitectos vigueses: Tomás Pérez Lorente, Paco Yañez, Fernando Araujo, Javier Santoro e Pepe Bar. Este feito, unido á nova situación económica xeral do país nos anos 60, dará un xiro ao desenvolvemento da arquitectura na cidade.

Da mesma xeración é Francisco Yáñez Ullóa (Vigo 1925) que comeza a súa traxectoria arquitectónica na cidade colaborando de xeito esporádico con diversos arquitectos como Agustín Pérez Bellas e Javier Santoro.

Tomás e Paco, xa amigos dende Madrid, colaboran de estudantes con Richard Neutra e o seu fillo Dion nunha estancia temporal dos arquitectos na capital, onde desenvolven un proxecto para un concurso nos poblados residenciais das bases americanas en España. A partires do ano 1959, Tomás Pérez- Lorente volta á cidade despois duns anos traballando en Madrid co arquitecto Fernando Montes. Dende entón compartirá o estudo con Paco Yáñez, no que colaborará de xeito continuado ata a súa morte no ano 2006.

A extensa carrera profesional de Yáñez e Lorente deixa un importante número de obras arquitectónicas, dende vivendas unifamiliares, edificios relixiosos, edificios de viviendas, edificios industriais, etc., destacando entre outros a Pesquera Vasco-Galega, o Hotel Bahía, Edificio r/ Laxe, Edificio "O Castañal", o Clube de Campo en Coruxo, o colexio das Acacias, etc.

 

Pesquera Vasco-Galega. 1960

Edificio PP. Xesuitas. 1964

Hotel Bahia. 1966

Igrexa PP. Redentoristas. 1967

Vivendas "r/ Laxe". 1967

"INICIO" ( Pasa o rato sobre as imaxes e picando nelas,  atoparás estudos xeométricos sobre algunhas das obras )  Volta a "ARQUITECTOS"